viernes, 23 de marzo de 2012

A FANTÁSTICA MAXIA DUN ORDENADOR NA AULA

Hoxe lin cun sorriso cínico o artigo que se publicou no diario El Progreso,  “La varita mágica de la atención”, no que se presenta unha idílica aula nun instituto de Lugo na que o desinterés xeneralizado do alumnado se solucionaba coa máxica pantalla dun ordenador (pequeno, iso sí), as dificultades en inglés desapareceron co traductor de Google e cun simple clik tiñan os alumnos o mundo ós pes (o fantástico mundo dos videos YouToube). Nun ano España vai aparecer en tódolos medios internacionais como o descubridor da panacea contra os males do sistema educativo ; e boa falta nos fai, porque en Galicia case duplicamos a media europea en fracaso escolar.
O problema é que a novidade que supón un ordenador na aula dura menos dunha semana. En Finlandia, país europeo con menos fracaso escolar, unha boa porcentaxe dos profesores non lle ve vantaxe alguna ós ordenadores na aula. De feito, ningún estudo demostrou que as tecnoloxías melloraran os resultados académicos; sí, o uso de estratexias innovadoras, pero a alternativa á lección maxistral xa existía antes dos ordenadores.
Os contidos non se asimilan mellor porque teñamos un acceso máis rápido a eles, e o feito de que teñamos moita información a golpe de clik non quere dicir que a interpretemos correctamente. Aprender a facer un traballo informatizado ou unha presentación leva unha hora aproximadamente; aprender a seleccionar a información, comprender o contido, expresarse con corrección ortográfica e gramatical ou adquirir o léxico necesario para elo,  supón moito esforzo e moitos anos de traballo. E para iso só precisamos un lápiz, unha libreta e un libro. Precisamos tamén alumnos maduros e responsables que xa veñan da casa con ganas de aprender, que a administración retire das aulas alumnos con graves problemas de conducta, que as leis non permitan promocións por idade e que se solucionen nos primeiros anos as dificultades que teñen algún alumnos, para que non se convirtan en candidatos seguros ó fracaso escolar, aínda que logo se poñan todos os medios ó seu alcance.
Oxalá fora esa variña máxica do artigo! Pero non, un ordenador tan só é un complemento e, polo tanto,  un portátil para todos é absolutamente innecesario e un gasto inútil.

miércoles, 14 de marzo de 2012

CARTA DUN FILLO A TÓDOLOS PAIS E NAIS DO MUNDO


“Non me deas todo o que pido.
         Ás veces só pido para ver ata canto podo coller.
Non me grites.
         Respéctote menos cando o fas e me ensinas a gritar a min. Eu non         quero facelo.
Non me deas sempre ordes.
         Ás veces se me pediras as cousas, eu faríao máis rápido e con máis gusto.
Cumpre as promesas, boas ou malas.
         Se me prometes un premio, dámo; pero se é un castigo, tamén.
Non me compares con ninguén (especialmente con meu irán ou miña irmá).
         Se ti me fas sentir mellor cós demais, alguén vai sufrir e se me fas          sentir peor cós demais, serei eu quen sufra.
Non cambies de opinión sobre o que debo facer.
         Decide e mantén esa decisión.
Déixame valerme por min mesmo.
         Se ti fas todo por min, eu nunca aprenderei.
Non digas mentiras diante de min, ou me pidas que o faga por ti, aínda      que sexa para sacarte dun apuro.
         Podo perder a fe que teño en ti.
Cando esteas equivocado en algo, admíteo e crecerá a opinión que teño        en ti, e tamén ensíname a admitir os meus erros.
Cando faga algo mal, non me esixas que che diga por que o fixen.
         Ás veces nin eu mesmo o sei.
Trátame coa mesma amabilidade e cordialidade con que tratas os teus amigos.
         Porque sexamos familia non quere dicir que non poidamos ser     amigos.
Non me pidas que faga unha cousa que ti non fas.
         Eu aprenderei o que ti fagas, aínda que non o digas, pero nunca farei     o que ti digas e non fagas.
Cando che conte un problema meu, non me digas “Iso non ten importancia ».
         Trata de comprenderme e axudarme.
Quéreme e dimo.
         Gústame oírcho dicir, aínda que penses que non é necesario          dicirmo ».

AA.VV., Acción titorial, transversalidade e resolución de conflictos

martes, 6 de marzo de 2012

DECÁLOGO PARA FACER DO TEU FILLO UN PERFECTO INFELIZ
  1. Xamais lle digas "NO" ao teu fillo. Podería frustrarse.
  2. Pídelle opinión para todo: que comer, que cear, que facer. Por suposto, esfórzate por satisfacer todos os seus desexos.
  3. Anticípate ós seus desexos: antes de que note algo en falta, cómprallo. Non lle des tenpo a pensar en gañalo co seu esforzo.
  4. Presta atención ó que di más co que fai.
  5. Retrasa no posible o abandono de todos os elementos de bebé: chupete, purés, carrito...
  6. Que na súa habitación non falte ningún aparello electrónico: tele, ordenador, WII.
  7. Defende ó teu fillo sempre, faga o que faga.
  8. Non limites nunca a súa liberdade e nunca permitas que sufra as consecuencias das súas accións.
  9. Resolve calquera dificultade que se lle presente ipso facto. Non lle des a oportunidade de comprobar se pode resolvela por si só.
  10. Cede cando pida, dialoga cando esixa.