martes, 23 de octubre de 2012

O DÍA CONTRA O CANCRO DE MAMA
O día 19 octubre foi o Día Internacional contra o cancro de mama. Unha de cada dez mulleres padecen a enfermidade. UNHA DE CADA DEZ MULLERES! Lazos rosas lembran ese feito. Os políticos súmanse á celebración, tentando sacar proveito coma sempre. Hogaño o PSOE  alerta da posibilidade de que as mamografías deixen de ser gratuitas polos recortes na sanidade pública, porque é o cancro que mellor se cura se se detecta a tempo.
Detección a tempo, tratamento rápido e gratuito: estas son as demandas que xurden dende todos os medios e sectores implicados. Certo é que é importante, moi importante. Pero máis que a prevención e a curación, é tentar evitar a enfermidade.
Por iso eu quero reclamar algo máis para a vindeira “celebración” do día: unha gran manifestación con grandes pancartas en toda España reclamando das autoridades que non sexan hipócritas e nos conten que é o que nos está envelenando. UNHA DE CADA DEZ MULLERES! Deus santo! E ninguén investiga as causas? Sí…pero coidan ben que non nos enteremos. Que nos conten cantas sustancias químicas tóxicas hai no ambiente, na roupa, nos cosméticos, na alimentación e en tantos outros productos, que non foron suficientemente probadas; ou sí o foron e , demostrándose que son canceríxenas, continúan, sin embargo, sendo utilizadas. Que nos digan que esas sustancias canceríxenas se acumulan nos tecidos graxos, como son os peitos. A poderosa industria química crea o mal e pon o remedio. Os políticos fanlles o xogo e nos resignámonos a ser posibles candidatas.
Que non nos vendan a moto de que é un mal inevitable. Mentras esperamos a que as autoridades miren de verdade pola nosa sáude, informémonos sobre esas sustancias e, na medida que nos sexa posible, tentemos evitalas.

viernes, 23 de marzo de 2012

A FANTÁSTICA MAXIA DUN ORDENADOR NA AULA

Hoxe lin cun sorriso cínico o artigo que se publicou no diario El Progreso,  “La varita mágica de la atención”, no que se presenta unha idílica aula nun instituto de Lugo na que o desinterés xeneralizado do alumnado se solucionaba coa máxica pantalla dun ordenador (pequeno, iso sí), as dificultades en inglés desapareceron co traductor de Google e cun simple clik tiñan os alumnos o mundo ós pes (o fantástico mundo dos videos YouToube). Nun ano España vai aparecer en tódolos medios internacionais como o descubridor da panacea contra os males do sistema educativo ; e boa falta nos fai, porque en Galicia case duplicamos a media europea en fracaso escolar.
O problema é que a novidade que supón un ordenador na aula dura menos dunha semana. En Finlandia, país europeo con menos fracaso escolar, unha boa porcentaxe dos profesores non lle ve vantaxe alguna ós ordenadores na aula. De feito, ningún estudo demostrou que as tecnoloxías melloraran os resultados académicos; sí, o uso de estratexias innovadoras, pero a alternativa á lección maxistral xa existía antes dos ordenadores.
Os contidos non se asimilan mellor porque teñamos un acceso máis rápido a eles, e o feito de que teñamos moita información a golpe de clik non quere dicir que a interpretemos correctamente. Aprender a facer un traballo informatizado ou unha presentación leva unha hora aproximadamente; aprender a seleccionar a información, comprender o contido, expresarse con corrección ortográfica e gramatical ou adquirir o léxico necesario para elo,  supón moito esforzo e moitos anos de traballo. E para iso só precisamos un lápiz, unha libreta e un libro. Precisamos tamén alumnos maduros e responsables que xa veñan da casa con ganas de aprender, que a administración retire das aulas alumnos con graves problemas de conducta, que as leis non permitan promocións por idade e que se solucionen nos primeiros anos as dificultades que teñen algún alumnos, para que non se convirtan en candidatos seguros ó fracaso escolar, aínda que logo se poñan todos os medios ó seu alcance.
Oxalá fora esa variña máxica do artigo! Pero non, un ordenador tan só é un complemento e, polo tanto,  un portátil para todos é absolutamente innecesario e un gasto inútil.

miércoles, 14 de marzo de 2012

CARTA DUN FILLO A TÓDOLOS PAIS E NAIS DO MUNDO


“Non me deas todo o que pido.
         Ás veces só pido para ver ata canto podo coller.
Non me grites.
         Respéctote menos cando o fas e me ensinas a gritar a min. Eu non         quero facelo.
Non me deas sempre ordes.
         Ás veces se me pediras as cousas, eu faríao máis rápido e con máis gusto.
Cumpre as promesas, boas ou malas.
         Se me prometes un premio, dámo; pero se é un castigo, tamén.
Non me compares con ninguén (especialmente con meu irán ou miña irmá).
         Se ti me fas sentir mellor cós demais, alguén vai sufrir e se me fas          sentir peor cós demais, serei eu quen sufra.
Non cambies de opinión sobre o que debo facer.
         Decide e mantén esa decisión.
Déixame valerme por min mesmo.
         Se ti fas todo por min, eu nunca aprenderei.
Non digas mentiras diante de min, ou me pidas que o faga por ti, aínda      que sexa para sacarte dun apuro.
         Podo perder a fe que teño en ti.
Cando esteas equivocado en algo, admíteo e crecerá a opinión que teño        en ti, e tamén ensíname a admitir os meus erros.
Cando faga algo mal, non me esixas que che diga por que o fixen.
         Ás veces nin eu mesmo o sei.
Trátame coa mesma amabilidade e cordialidade con que tratas os teus amigos.
         Porque sexamos familia non quere dicir que non poidamos ser     amigos.
Non me pidas que faga unha cousa que ti non fas.
         Eu aprenderei o que ti fagas, aínda que non o digas, pero nunca farei     o que ti digas e non fagas.
Cando che conte un problema meu, non me digas “Iso non ten importancia ».
         Trata de comprenderme e axudarme.
Quéreme e dimo.
         Gústame oírcho dicir, aínda que penses que non é necesario          dicirmo ».

AA.VV., Acción titorial, transversalidade e resolución de conflictos

martes, 6 de marzo de 2012

DECÁLOGO PARA FACER DO TEU FILLO UN PERFECTO INFELIZ
  1. Xamais lle digas "NO" ao teu fillo. Podería frustrarse.
  2. Pídelle opinión para todo: que comer, que cear, que facer. Por suposto, esfórzate por satisfacer todos os seus desexos.
  3. Anticípate ós seus desexos: antes de que note algo en falta, cómprallo. Non lle des tenpo a pensar en gañalo co seu esforzo.
  4. Presta atención ó que di más co que fai.
  5. Retrasa no posible o abandono de todos os elementos de bebé: chupete, purés, carrito...
  6. Que na súa habitación non falte ningún aparello electrónico: tele, ordenador, WII.
  7. Defende ó teu fillo sempre, faga o que faga.
  8. Non limites nunca a súa liberdade e nunca permitas que sufra as consecuencias das súas accións.
  9. Resolve calquera dificultade que se lle presente ipso facto. Non lle des a oportunidade de comprobar se pode resolvela por si só.
  10. Cede cando pida, dialoga cando esixa.

jueves, 16 de febrero de 2012

AS NOVAS TECNOLOXÍAS NAS AULAS

Chegou ó meu Instituto unha nova revista, con un suxerente título acabado en 3.0. No editorial, o  director presenta o número como interesantísimo para que os docentes saiban como iniciarse niso das TIC e coñezan novas tecnoloxías, como a realidade aumentada. Lina íntegra, non para buscar argumentos que me convenceran de incorporar as TIC nas miñas clases ou os medios para facelo -porque xa o fago-,  senón buscando que razóns se poden esgrimir para xustificar a dixitalización das aulas e que beneficios aportan ó sistema os costosos  aparellos que as abarrotan.
Non hai argumentos novedosos. Repítese varias veces que se consigue unha interacción entre alumnos e profesor real e efectiva, un acceso inmediato á información e construción da aprendizaxe por parte do alumnado. Son razóns pouco convincentes para uns profesionais que levamos moitos anos interactuando con éxito cos alumnos e axudando a construir aprendizaxes sen intermediarios dixitais. Tamén se di varias veces, implícita ou explícitamente, que os profesores que rechazan o emprego das novas tecnoloxías, fano por medo a non saber usalas. Nin que fora tan difícil…
Non, señores. Se eu non vou usar, por exemplo,  o maravilloso bolígrafo dixital que permite ó alumno escribir sobre o papel e, grazas á tecnoloxía Bluetooth, transmitir o escrito ó meu ordenador portátil, non é por medo ou ignorancia, senón pola consideración de que é un gasto inútil, que só lle reporta beneficios ó fabricante, pero non ós meus alumnos nen a min. E por riba emprega unha tecnoloxía dañina para a saúde, como a maioría dos aparellos das aulas dixitalizadas. Sí, necesitamos a tecnoloxía, pero que sexa útil e inocua.

miércoles, 15 de febrero de 2012

OUTRA VEZ O BILINGÜISMO

Fai uns días lía nun xornal unha noticia a dúas páxinas sobre o bilingüismo no ensino, non o tradicional galego-castelán, senón o actual inglés- galego/castelán. O tema volve á actualidade porque o ministro recuperouno na súa estrea. No xornal presentábase como un ideal, só ó alcance dalgúns privilexiados, que estudan nalgúns colexios privados.
Está claro que a competencia en lingua estranxeira, que os nosos alumnos acadan ó final da etapa obrigatoria, non é a que deberan ter ( oxalá só fora en lingua estranxeira). O que se debe facer entón é analizar as causas e propoñer solucións. Non creo que se fixera tal cousa, cando se propuxo como remedio aprender outras asignaturas en inglés;  porque un alumno que aprende Historia, por poner un exemplo, sen a suficiente competencia na lingua, explicada por un profesor igualmente incompetente, por máis que teña o certificado B1, non vai aprender nen historia nen inglés. ¿Poñemos, entón, a licenciados en inglés (ou mellor nativos) a impartir todas as materias? ¿Esiximos a todos os profesores unha licenciatura, ou equivalente, en inglés?
É obvio que ningunha desas opcións é razoable; tampouco é necesaria. Se de verdade se quere mellorar –e non se busca só un bo titular na prensa- a competencia en  linguas estranxeiras dos nosos alumnos,  hai que dar máis horas ás asignaturas de Lingua Estranxeira (primeira e segunda), máis medios, grupos reducidos e profesores coa titulación axeitada e formación necesaria para impartilas. Só así os nenos, os que de verdade queiran estudar, terán a oportunidade de aprender inglés, ou francés, ou alemán, ou chino. Ah! E dar becas para facer cursos no estranxeiro só ós que as necesiten e as merezan por méritos propios, isto é,  pola cualificación media do seu expediente e pola cualificación obtida en Lingua Estranxeira.

jueves, 9 de febrero de 2012

LA SANCIÓN DE CONTADOR, CUESTIÓN DE ESTADO

Alberto Contador fue sancionado y el asunto a punto está de convertirse en una cuestión de Estado. En el ciclismo, y probablemente en otros deportes, el consumo de sustancias prohibidas puede que sea bastante habitual, pero ello no significa que se tenga que hacer la vista gorda y no controlar o dejar impunes a los que son pillados; al contrario, exige que haya más controles. Un deportista tiene que jugar limpio y, si no lo hace y lo pillan, debe atenerse a las consecuencias.
No es admisible que Zapatero en su momento haya dicho que no había razones para sancionar a Contador o que el nuevo ministro de Educación, Cultura y Deporte entre al juego criticando un guiñol de una televisión francesa. Causa rubor oírlo decir que los franceses están enrabietados porque no ganan ninguna competición, pronunciadas éstas en un perfecto e inapropiado acento francés. Y más rubor causa ver a un ministro de Educación y Cultura esforzarse por encontrar un adjetivo adecuado para calificar la sátira del guiñol y el resultado sea el neologismo “inveraz”. Estoy de acuerdo con el ministro en que es de “mal gusto”, pero compete a los  televidentes franceses juzgar eso.