Fai uns días lía nun xornal unha noticia a dúas páxinas sobre o bilingüismo no ensino, non o tradicional galego-castelán, senón o actual inglés- galego/castelán. O tema volve á actualidade porque o ministro recuperouno na súa estrea. No xornal presentábase como un ideal, só ó alcance dalgúns privilexiados, que estudan nalgúns colexios privados.
Está claro que a competencia en lingua estranxeira, que os nosos alumnos acadan ó final da etapa obrigatoria, non é a que deberan ter ( oxalá só fora en lingua estranxeira). O que se debe facer entón é analizar as causas e propoñer solucións. Non creo que se fixera tal cousa, cando se propuxo como remedio aprender outras asignaturas en inglés; porque un alumno que aprende Historia, por poner un exemplo, sen a suficiente competencia na lingua, explicada por un profesor igualmente incompetente, por máis que teña o certificado B1, non vai aprender nen historia nen inglés. ¿Poñemos, entón, a licenciados en inglés (ou mellor nativos) a impartir todas as materias? ¿Esiximos a todos os profesores unha licenciatura, ou equivalente, en inglés?
É obvio que ningunha desas opcións é razoable; tampouco é necesaria. Se de verdade se quere mellorar –e non se busca só un bo titular na prensa- a competencia en linguas estranxeiras dos nosos alumnos, hai que dar máis horas ás asignaturas de Lingua Estranxeira (primeira e segunda), máis medios, grupos reducidos e profesores coa titulación axeitada e formación necesaria para impartilas. Só así os nenos, os que de verdade queiran estudar, terán a oportunidade de aprender inglés, ou francés, ou alemán, ou chino. Ah! E dar becas para facer cursos no estranxeiro só ós que as necesiten e as merezan por méritos propios, isto é, pola cualificación media do seu expediente e pola cualificación obtida en Lingua Estranxeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario